VIÑEDO     |     UVA     |     CLIMA E CHAN


OS NOSOS VIÑEDOS

21 HECTÁREAS DE UVA MONOVARIETAL GODELLO

Os viñedos de Godeval

A adega foi ampliando as súas plantacións co paso dos anos, pero sempre seguindo a mesma filosofía de buscar terreos de lousa, con pendentes e orientación meridional. Os primeiros foron plantados entre os anos setenta e oitenta polos fundadores da adega, nas abas coas pendentes máis pronunciadas da comarca,  na zona de Xagoaza. A idade media das cepas está por riba dos 15 anos. Boa parte dos viñedos están orientados cara ao Sur, garantindo así a insolación que conduce a unha maduración perfecta. A inclinación do terreo e o chan de louxa –como dicimos os valdeorreses- aseguran unha boa ventilación e saúde das uvas. Das primeiras vides plantadas en leiras como «Lebres» e «Pancho» elabóranse viños con características moi especiais, como o Godeval Cepas Vellas e o Godeval Revival.

O noso tesouro: O Godello

Os seus aromas típicos lembran a froitas coma o pexego e a mazá. Asemade achega arrecendos florais e herbáceos, con algúns matices anisados e de hortelá. A variedade godello concentra as súas características moldeadas polo clima atlántico con influencia continental e pola lousana que están asentadas as cepas. En boca amósase especialmente agradable, cunha harmonía entre as sensacións doces, que achegan corpo e volume, e os sabores ácedos, que dan frescura, ademais dunhas notas minerais derivadas da lousa do chan no que se alimenta. A uva godello, ademais do seu potencial aromático extraordinario, ten un marcado carácter láctico que produce viños cun paso de boca moi amplo, exquisitos e de enorme personalidade.

O noso clima

Os terreos onde se atopan tanto as vides maila adega goza dun clima atlántico continentalizado. A temperatura media anual é de 11º C, cunha máxima absoluta de 33º e mínima de 5ºbaixo cero. As precipitacións anuais fluctúan entre os800 e os 1.000mm. Entre marzo e setembro, Valdeorras ten temperaturas suaves ou lixeiramente altas, habitualmente con tempo seco e ceos despexados. Durante este período, ás veces, aparecen choivas provocadas por frontes atlánticas, que poden chegaraos 200 0 300 mm de precipitación.

TEMPERATURA MÁXIMA
33º GRADOS
TEMPERATURA MÍNIMA
-5º GRADOS

O noso chan

O chan no que se asintan as viñas procede de lousas ordovícicas. Trátase dun substrato tan característico como axeitado, pois retén pouca auga, facilitando a drenaxe, e, por conseguinte, favorecendo un gran desenvolvemento do sistema radicular en profundidade. Os tons escuros destes solos favorecen a absorción da radiación solar, e acumulan unha calor que se libera pola noite, favorecendo unha correcta maduración do froito e producindo en ocasións brumas benefactoras.
Todo iso facilita un excelente desenvolvemento da vide e, ao cabo, permite obter viños de gran complexidade e alta expresividade.