VOLVER AO BÁSICO.
REDESCUBRINDO O AUTÉNTICO.

Visita a nosa tenda de viños Godeval

A NOSA HISTORIA
MAILOS NOSOS VALORES

Bodegas Godeval

A empresa galega Bodegas Godeval elabora hoxe os seus viños coa mesma porfía coa que empezou, vai 30 anos, a recuperar a variedade branca godello, baixo a Denominación de Orixe Valdeorras. Situada na contorna histórica de Xagoaza (O Barco) e utilizando parte do edificio chamado mosteiro de Xagoaza como adega, Godeval comezou -nos anos 80- o seu proxecto de recuperación da variedade e a plantación de viñedos propios, para controlar todo o proceso, consonte á máxima de que o viño faise na viña. Co paso do tempo e procurando atender as crecentes necesidades dos seus clientes, ampliou as súas plantacións e tamén as instalacións. A nova adega deseñouse para converterse nun miradoiro ao val, no que se unen tradición e modernidade.

Así empezamos

Adegas Godeval fundouse en 1986, realizando unha primeira vinificación para elaborar un único viño monovarietal coa uva da variedade Godello.

Comezamos con 2 hectáreas de viñedo, elaborando 18.000 botellas de Viña Godeval. En 1988 ampliamos produción coa posta en marcha da adega, no interior do coñecido coma “Mosteiro de Xagoaza”.

Proxecto REVIVAL

En 1974, Horacio Fernández Presa, xefe comarcal da oficina de Extensión Agraria da bisbarra, puxo en marcha o Programa REVIVAL. O núcleo central do proxecto consistía na recuperación da variedade autóctona Godello. Todo un programa informativo e formativo púxose en marcha para facer realidade a esa revitalización.

Monasterio de Xagoaza

En 1988 comezaron os traballos de restauración e acondicionamento do monumento -un fermoso edificio con séculos de historia- para convertelo na adega Godeval.

A nova adegaa

Na actualidade a adega dispón da máis moderna tecnoloxía de vinificación nunhas novas instalación, inauguradas no 2009. A produción anual é de 150.000 litros elaborados cos nosos propios viñedos.

25 Ha

De viñedos en propiedade
dedicados en exclusiva á
variedade Godello.

150.000 botellas

De producción de viño
Godello.

4

Marcas de viño Godello.

RECOÑECEMENTOS DE GODEVAL NO MUNDO

ENOTURISMO

Queres descubrir moito máis que unha adega?

As nosas experiencias de enoturismo achégante á orixe do Godello en Valdeorras a través dun percorrido polos nosos viñedos e adega. Ao longo del, descubrirás a singularidade deste territorio, o proceso de elaboración dos nosos viños e a historia da recuperación desta variedade emblemática.

Podes escoller entre dúas opcións para descubrir a esencia de Godeval a través do viño, a historia, o patrimonio e a gastronomía:

Experiencia Pioneiros do Godello (1 h 30 min · 30 €/persoa)

Inclúe a visita á adega, a Cova e a cata de Godeval, Cepas Vellas e Revival, maridados con queixos galegos.

Experiencia Historia e Identidade (2 h · 45 €/persoa)

Unha proposta máis exclusiva que engade a visita ao Mosteiro de Xagoaza e a degustación dos nosos catro viños — Godeval, Cepas Vellas, Revival e 1986 — acompañados por unha coidada selección de produtos galegos.

Para máis información e reservas, só tes que chamarnos ao 988 108 282 ou enviarnos un correo electrónico a: visitanos.godeval@zamoracompany.com.

PRESENCIA INTERNACIONAL

Os viños de Adegas Godeval hoxe están presentes en numerosos países, destinando preto dun 30% da súa produción á exportación. Empezamos no ano 1989, converténdonos na primeira adega en exportar viño de godello a USA. Ademais dos EE.UU hoxe tamén chegamos ao Reino Unido, Holanda, Xapón, Suecia, Canadá, Porto Rico, Andorra, Panamá e Polonia… Os nosos viños suman numerosos premios e prestixiosas revistas inclúenos nas súas listaxes dos mellores viños do mundo.

Esta entidade foi beneficiaria das axudas do Programa Foexga
¿Mayor de 18 años? Esta página necesita comprobar que usted es mayor de 18 años. Por favor, verifique que es mayor de edad.

Enter your keyword