NUESTROS VINOS
GODEVAL | CEPAS VELLAS | REVIVAL | GODEVAL 1986 | LICORES | MOSTEIRO
GODEVAL
Viño branco, nobre (13 graos de alcol aproximadamente) e monovarietal. Nel, a variedade godello concentra os seus trazos definitorios, moldeada polo clima atlántico con influencia continental e polo chan de lousa no que asentan as cepas. É un viño novo e aromático, do que sempre se pedirá outra copa.
CATA
Cor amarela verdosa con reflexos nacarados. Posúe un excelente e pronunciado aroma: intenso, delicado, elegante e con recordos áfroita na árbore.
En boca é lixeiro, suave e saboroso. Os seus toques acedos e doces danlle equilibrio e convérteno nun viño moi persoal, cunha acusada estrutura.
MARIDANZA
Este viño debe servirse entre 6 e 8º centígrados. Combina perfectamente con mariscos, peixes, conservas, cogomelos e queixos suaves.
BOTELLA
Dispoñible en botella de 75 cl. e magnum de litro e medio.
CEPAS VELLAS
Viño branco, nobre (13 graos de alcol aproximadamente) e monovarietal, que evoluciona ben en botella e mellora co paso do tempo. Procede das uvas de godello seleccionadas dos viñedos máis antigos da adega e cun proceso de vinificación nas súas propias lías durante uns cinco meses en tanques de aceiro inoxidable. Un viño completo, con corpo, que sorprende desde o primeiro momento e fica na lembranza.
CATA
Cor amarela verdosa con tons dourados. Arrecendos de intensidade media, limpo, engaiolante, con lembranzas a froita madura (mazá, melón e piña) e a finas herbas do campo (fiúncho e hortelá). En boca amósase sinaladamente agradable, cun equilibrio entre as sensacións doces que achegan corpo e volume, e os sabores acedos que dan frescor, ademais dunhas notas minerais de gran complexidade, achegadas pola lousa do chan do que procede; ofrecendo un conxunto de sensacións longas e pracenteiras.
MARIDANZA
Este viño debe servirse entre 8 e10º centígrados. Harmoniza con mariscos, peixes, carnes de ave, de caza, cogomelos e queixos cremosos.
BOTELLA
Disponible en botella de 75cl.
REVIVAL
Bodegas Godeval presenta esta serie limitada de 6.600 botellas, resultado da selección de uvas, procedentes do seu viñedo emblemático «Pancho» -un dos máis antigos da propiedade- e marcado polo seu chan de losa e o microclima especial, dentro do clima atlántico continentalizado que afecta á comarca ourensá de Valdeorras.
Godeval Revival manifesta todo o compoñente aromático e gustativo da variedade godello, unha vez sometidas as uvas, a un proceso de criomaceración. Os parámetros deste proceso foron definidos tras a execución, durante tres anos, dun Proxecto I+D, en colaboración coa EVEGA (Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia).
O NOSO VIÑEDO
Coñecida co nome de «Pancho», esta leira está situada na marxe dereita do val do Sil. As gabias teñen unha orientación Leste-Oeste, e exposición Sur. Situado nunha ladeira moi asollada, con microclima especial, que favorece a maduración e a correcta sanidade das uvas. Acompañado por un chan e subsol de lousa cento por cento.
CATA
A cor vístese de amarelo con moitos reflexos verdosos, amable e fresco á vista.
En nariz destaca a súa intensidade aromática e a súa gran personalidade. Entre os aromas de froita destacan os cítricos, lima, pomelo rosa e notas entre herbáceas e cítricas de xenxibre. Ao fondo aparece a froita branca, pera de auga, a mazá exótica e lembrazas a froita de óso como o pexego. Tamén aparecen os recordos vexetais de fiúncho, loureiro e menta.
En boca sen dúbida fala a súa intensidade, persistencia e acidez equilibrada. É sedoso e envolvente cun gran final aromático e un lixeiro amargosiño. Co paso dos anos ofrecerá un gran abano de sensacións.
BOTELLA
Disponible en botella de 75cl.
Godeval 1986 un godello fermentado en barrica
As características da colleita 2017, uva ben madura e excelente sanidade, determinaron o momento de optar pola vinificación dun viño Godello fermentado en barrica nova de carballo francés de 500 litros, que posteriormente se criou nas súas lías finas durante 4 meses.
A barrica de madeira non debe considerarse soamente como un envase, o máis importante é a súa achega ao viño de características positivas. A madeira elixida é un carballo francés, o Quercus Petraea, de grao fino, con alto contido en polifenoles e cun torrado medio.
O resultado foi un viño potente e ben estruturado, que aguantará moi ben no tempo e dará moitas satisfaccións.
CATA
Á vista preséntase cun aspecto cristalino, brillante, cor amarelo verdoso moi vivo.
No nariz aprécianse os aromas primarios de froitas de óso, mazá madura, pera, acerola. En profundidade aparecen as herbas aromáticas do campo, con recordos a fiúncho, tomiño, ourego e sotobosque. Aroma moi sutil e elegante.
Unha boca vibrante, de paso fresco, salientada polo carácter da godello no seu paso. Cun retrogusto balsámico, amplo, saboroso, glicérico. Boa estrutura e amplitude. Amargor final que o alonga e colabora na elegancia como noutros grandes viños.
A madeira fixo un gran traballo sen cobrar protagonismo.
MARIDANZA
Un viño moi gastronómico que convida a beber con pratos elaborados e contundentes. Recoméndase servir de 9-12º C.
BOTELLA
Dispoñible en botella de 75 cl.
Estoxo de 2 botellas.
LICORES
Augardente
Augardente monovarietal, procedente dos bagazos do Godello e destilado por Bodegas Godeval, é un bagazo que se presenta incoloro e cristalino á vista. Galardoada con numerosos premios.
Licor café
Elaborado a partir do augardente de bagazo da variedade godello, macerado con café arábigo de alta calidade e vainilla. Obtense un licor agradable e de gran aroma.
Augardente de herbas
Partindo da augardente procedente do bagazo do godello, macérase con diferentes herbas. O tempo de maceración outórgalle un padal agradable e saboroso.
MOSTEIRO DE XAGOAZA
Augardente anella
Trátase dunha augardente envellecida («añeja» en español). Obtida a partir do augardente branca e despois criada e madurada en barricas de carballo durante doce anos, nas instalacións da adega,na zona do Mosteiro de Xagoaza.